Tui crea unha lista de reserva para profesorado de piano na Escola-Conservatorio de Música
O Concello de Tui aprobou a convocatoria e as bases de selección para a formación dunha lista de reserva destinada á contratación laboral temporal de profesorado da Escola-Conservatorio de Música, na especialidade de piano.
A convocatoria foi aprobada mediante Resolución da Alcaldía de data 23 de xaneiro de 2026, co obxectivo de atender futuras necesidades de persoal docente nesta especialidade musical.
Datos principais da convocatoria
-
Posto: profesor/a da Escola-Conservatorio de Música
-
Especialidade: piano
-
Tipo de contratación: laboral temporal
-
Sistema: formación de lista de reserva
Presentación de solicitudes
-
Prazo: cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
-
Forma de presentación: por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común
-
Destinatario: alcalde do Concello de Tui
As bases íntegras da convocatoria, están publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na páxina web do Concello de Tui, accesibles a través de http://concellotui.sedelectronica.gal e www.tui.gal.




Comments