Skip to main content

O Concello do Incio convoca dúas prazas de Peón/a de Servizos Múltiples ao abeiro do Plan Deputación 2026

O Concello do Incio aprobou, mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 30 de xaneiro de 2026, as bases xerais que rexerán o proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como Peóns/as de Servizos Múltiples, como persoal laboral temporal.

Datos principais da convocatoria:

  • Postos ofertados: 2 Peóns/as de Servizos Múltiples

  • Tipo de contrato: Persoal laboral temporal

  • Xornada: Completa (100 %)

  • Duración: 6 meses

  • Programa: “Reforzo do Emprego” – Plan Deputación 2026 (Deputación Provincial de Lugo)

Presentación de solicitudes:

Publicación das bases:

  • Sede electrónica do Concello do Incio (taboleiro de anuncios).

  • Taboleiro de anuncios físico do Concello.

  • Oficinas municipais, en horario de atención ao público.

As solicitudes deberán ir dirixidas ao Sr. Alcalde do Concello do Incio.

Comments