Skip to main content
carnaval

Concurso de comparsas de Entroido no Concello de Muros

Co obxectivo de promover unha das festividades populares máis relevantes da comarca, estas bases reguladoras buscan establecer o réxime de concesión de premios para o Concurso de Comparsas organizado polo Concello de Muros durante o sábado de Entroido do ano de 2026.

Poderán participar todas as entidades, grupos de persoas e persoas interesadas que cumpran cos requisitos especificados nas bases.

O prazo de inscripción vai dende o día seguinte a súa publicación no BOP ata ás 14.00 h do 11 de febreiro de 2026.

Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/04/2026_0000000538.html

Comments