Concurso de disfraces no Concello de Oleiros
É obxecto desta convocatoria premiar aos mellores disfraces individuais, de parellas ou grupais que se presenten ao concurso, que se celebrará o venres 20 de febreiro de 2026 no Pavillón Municipal Arsenio Iglesias, de Santa Cruz.
As categorías de disfraces e os premios poderán consultarse nas bases.
O prazo de presentación iniciarase o día seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no BOP e rematará o 18 de febreiro de 2026, ás 14:00 horas.
Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/04/2026_0000000559.html




Comments