Skip to main content
Bolsas Taiwan

Bolsas TAIWAN 2025

A Oficina Económica e Cultural de Taipei en España (OECT) convoca 3 bolsas para cursar estudos de grao, máster ou doutoramento na República de China (Taiwan):

- Grao: máximo 4 anos, desde o 1˚ de setembro de 2025 ata o 31 de agosto de 2029.

- Máster: máximo 2 anos, desde o 1˚ de setembro de 2025 ata o 31 de agosto de 2027.

- Doutoramento: máximo 4 anos, desde o 1˚ de setembro de 2025 ata o 31 de agosto de 2029.

Destinatarios: Maiores de 18 anos, con nivel educativo mínimo de bacharelato, grao ou #máster, segundo corresponda, e de nacionalidade española.

Os estudos de grao ou posgrao poden cursarse en Huayu (chinés mandarín) ou en inglés, dependendo do interese dos solicitantes, as titulacións dispoñibles nas Universidades de Taiwan e os English Programs autorizados polo Ministerio de Educación da República de China (Taiwan).

Tanto o billete de avión de ida e volta, como outros gastos do estudante durante o período da bolsa, como aloxamento, alimentación, transporte, seguro de saúde e a titoría da tese, correrán a cargo dos propios bolseiros.

Dotación:
- Subvención máxima de NT$ 40.000 (1.200 euros aprox.) en concepto de matrícula e taxas académicas.
- Manutención mensual:
        _ Grao: NT$ 15.000 (450 euros aprox.)
        _ Máster e Doutoramento: NT$ 20.000 (600 euros aprox.)

PRAZO: O envío de solicitudes realizarase únicamente por correo postal desde o 1 de febrero ata o 31 de marzo de 2025.

Máis información:  Bolsas Taiwan 2025

Comments