Ir o contido principal
bolsas de estudos

Bolsas de estudos para o curso 2025/2026

Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2025-2026 cursen ensinos postobrigatorios con validez en todo o territorio nacional.

Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e que vaian a  cursar algúns dos seguintes ensinos:

1. Ensinos postobrigatorios e superiores non universitarias

a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
b) Ciclos de Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
c) Ensinos artísticos profesionais.
d) Ensinos deportivos.
e) Estudos relixiosos superiores.
f) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
g) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
h) Ciclos Formativos de Grao Básico.

2. Ensinos artísticos superiores e ensinos universitarios do sistema universitario

a) Ensinos artísticos superiores. 
b) Ensinos universitarios conducentes a títulos oficiais de grao e de máster.
c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao. 

Compoñentes das bolsas e contías:

1. Contías fixas. 
a) Bolsa de matrícula.
b) Contía fixa ligada á renda do estudante.
c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar.
d) Contía fixa ligada á excelencia no rendemento académico
e) Bolsa básica.

2. Contía variable. A bolsa poderá incluír, así mesmo, unha contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar. 

Limiares da renda familiar:

limiares renta

O prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non universitarios estenderase desde o día 24 de marzo ás 8:00 ata o 14 de maio de 2025, ás 15:00, ambos inclusive.

Importante!: Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

Máis información no BOE do 20 de marzo de 2025 e en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html 

Comments