Skip to main content
protectora

Axudas para fomentar a adopción de animais abandonados en Garatuxa

O Concello de Outeiro de Rei ofrece unha axuda económica de 100 € para incentivar a adopción de cans custodiados na Residencia canina Garatuxa durante o ano 2026.

Requisitos

  • Poderán solicitalas persoas físicas ou xurídicas que adopten un can custodiado polo Concello de Outeiro de Rei en Garatuxa.

  • Non estar inhabilitado para a tenza de animais nin ter sancións graves ou moi graves en materia de benestar animal.

  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Facenda pública, co Concello e coa Seguridade Social.

  • Asumir o compromiso de non abandonar o animal e mantelo en boas condicións de benestar.

Prazos

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2026.

Solicitudes

As persoas interesadas deberán presentar o formulario (Anexo I) no Rexistro do Concello de Outeiro de Rei, achegando a seguinte documentación:

  • DNI do solicitante.

  • Certificación de datos bancarios.

  • Documento acreditativo da adopción do can.

Máis información

Comments