Skip to main content
camino

Cultura no Camiño 2026

Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, mediante a contratación de espectáculos profesionais galegos.

Requisitos

  • Para as entidades: Concellos de Galicia polos que discorren os Camiños de Santiago (recoñecidos pola Lei 5/2016) ou aqueles nos que se ditase acordo de inicio para a súa tramitación.

  • Das programacións:

    • Desenvolverse entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2026.

    • Incluír un mínimo de dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia.

    • Orzamento mínimo total (IVE incluído): 5.000 € (concellos ata 20.000 habitantes) ou 8.750 € (concellos de máis de 20.000 habitantes).

    • As compañías deben ser profesionais e con sede en Galicia.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, que comezará a contar ás 9:00 horas do quinto día hábil posterior á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e rematará ás 14:00 horas do día de vencemento.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, indicando o código de procedemento CT302B. A concesión é por concorrencia non competitiva (orde de entrada) ata esgotar o crédito.

Máis información

Comments