
Curso Santander English Online 2025 - British Council
O Programa “Curso Santander English Online British Council” ten como obxectivo ofrecer a oportunidade á xente nova de reforzar as súas competencias en inglés a fin de mellorar a súa empregabilidade.
Banco Santander e British Council ofrecen 10.000 prazas para cursos on-line de inglés de diferentes niveis, cunha duración de 8 semanas. Ademais, o s1.500 alumnos con mellor desempeño, conseguirán unha formación adicional de 20 semanas con clases en liña con profesor.
Non é necesario ter título universitario nin ser cliente de Banco Santander.
Para ser solicitante debes facer o formulario de inscrición e dous tests (na túa lingua materna). Se non os completas, non poderás ser admitido como candidato ao curso. O British Council realizará o proceso de selección para outorgar as prazas baseado no resultado automatizado das proba de habilidades e competencias. Os resultados enviaranse por correo electrónico a todos os candidatos (gañadores ou non) a partir do 30 de abril. Os alumnos teñen só uns días para aceptar a praza. De non aceptala, outórgase a outro alumno en lista de espera. É importante estar pendente do email entre o 30 de abril e o 26 de maio 2025 para a Fase 1 e entre o 22 de xullo e o 26 de xullo para a Fase 2, en caso de ser seleccionado.
Prazo de inscrición aberto ata o 21 de abril de 2025.
Requisitos.
- Ser residente de Arxentina, Alemaña, Brasil, Chile, Colombia, España, Estados Unidos, México, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Uruguai
- Aberto a calquera persoa maior de 18 anos no momento da solicitude. Non é necesario ser cliente actual ou futuro do Banco Santander.
- Solicitar o curso a través de Santander Open Academy
- Completar as probas de habilidades e competencias necesarias para a selección na fase 1. Non é unha proba de nivel de inglés! Recomendámosche que fagas as probas no teu idioma materno. (A ligazón para realizar a proba chégache a través do correo de confirmación de inscrición).
- Para beneficiarte do curso deberás dispoñer de acceso a unha boa conexión da internet e un computador. É posible seguir as clases e materiais desde un móbil ou iPad pero non é a opción máis recomendable.
Dotación: Este curso inclúe todos os gastos de matrícula e formación e non hai ningún custo que deba abonar o candidato.
Máis Información: Santander Open Academy
Comments