Ir o contido principal
 

A Xunta de Galicia pon en marcha a segunda edición de Campas 360, o programa de educación non formal dirixido á mocidade galega baixo o formato de factorías de innovación, que ten como finalidade ofrecer actividades formativas e de lecer en fins de semana dos meses de abril e maio de 2026.

O programa está dirixido a mozas e mozos empadroados en Galicia que teñan entre 12 e 17 anos no momento de presentar a solicitude.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.

As actividades comezarán a partir do 10 de abril.

Ofértanse 280 prazas en 9 quendas de 20/40 persoas cada unha, nos 4 programas que conforman a actividade que se realizarán en 6 instalacións diferentes.

A cota de participación será de 25 euros por quenda.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25 % sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.

O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

 

 

CAMPAS 360

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 16 de marzo ás 10.00 h e remata o 20 de marzo ás 22.00 h. Para a inscrición, cómpre cubrir o formulario en liña dispoñible nesta web.

AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 25 DE MARZO ÁS 22.00H.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de recepción dos formularios.

+ Formulario de participación

+ Consulta aquí toda a información do programa

Contacto: campas360.xuventude@xunta.gal