A Deputación de Lugo abre listas de contratación para Arqueoloxía, Comunicación Audiovisual, Delineación e Capataces
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou as bases específicas para a elaboración de catro novas listaxes de emprego temporal (Grupos A1, B e C2) destinadas a cubrir necesidades urxentes en diversos servizos provinciais.
Requisitos específicos por categoría:
-
Arqueólogo/a (A1): Grao en Arqueoloxía, Historia ou equivalente + Celga 4.
-
Técnico/a de Comunicación Audiovisual (A1): Licenciatura ou Grao en Comunicación Audiovisual, Xornalismo ou equivalentes + Celga 4.
-
Delineante (B): FP de Grao Superior en Proxectos de Edificación, Obra Civil, Deseño e Fabricación Mecánica ou equivalentes + Celga 4.
-
Capataz (C2): Graduado en ESO, FP Básico, Graduado Escolar ou equivalente + Celga 3.
Prazos:
-
O prazo de presentación de solicitudes rexerase polo establecido nas bases xerais, comezando o cómputo a partir do día seguinte á publicación dos anuncios no Boletín Oficial da Provincia (publicados o 11/02/2026).
Solicitudes:
-
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos e méritos, preferentemente a través da Sede Electrónica da Deputación Provincial de Lugo ou no Rexistro Xeral.
Máis información:
-
Web Deputación de Lugo (Recursos Humanos): www.deputacionlugo.gal
-
BOP de Lugo: Ver bases no Boletín nº 034




Comments