Skip to main content

Convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz ou xuíza de paz substituto/a da Rúa (Ourense)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de anunciar a convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz ou xuíza de paz substituto/a no municipio da Rúa, na provincia de Ourense.

📅 Prazo de presentación

📄 Documentación necesaria

As persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude acompañada da seguinte documentación:

  • Certificado de nacemento ou fotocopia do DNI.

  • Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes.

    • Poderase autorizar ao Tribunal para a súa consulta segundo o artigo 28 da Lei 39/2015:

      • SI: Autorizo á Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a acceder aos datos relativos á miña persoa.

      • NON: Non autorizo (deberá achegarse a certificación correspondente).

  • Declaración complementaria de non estar inculpado/a nin procesado/a (artigo 2.1 da Lei 68/1980).

  • Xustificación dos méritos alegados.

  • Indicación da profesión actual.

📩 Presentación de solicitudes

As solicitudes poderán remitirse:

  • Ao correo electrónico: secretariagoberno.tsxg@xustiza.gal

  • Por calquera das vías establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Comments