Skip to main content

Unha praza de arquitecto por quenda libre, funcionario de carreira no Concello de Fene

As presentes bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de arquitecto/a, que figura como vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene, incluída na oferta de emprego público (OEP) do 2025.

Ó ser por quenda libre, as persoas que non teñan unha praza xa en propiedade nesta administración poden presentarse.

O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte (20) días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma suporá a non admisión da persoa aspirante no proceso selectivo.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/13/2026_0000000794.html

Comments