Skip to main content
omix

Actividades OMIX Ribadavia. Febreiro/ marzo 2026

debuxoClub do Debuxo

Un espazo aberto para debuxar en compañía, coñecer xente e compartir creatividade 💛


📍 Casa da Cultura (sala anexa á Biblioteca)
🕠 Todos os venres de 17:30 a 18:30

 

 

lecturaClub de lecturas ilustradas

Club de lectura centrado en cómic, novelas gráficas e álbums ilustrados.

 

📍 Rúa Casares nº6-
🕠 2º e 4º mércores de cada mes 19:00 a 20:00.

 

 

orientaciónOrientación profesional

Orientación Profesional no eido artístico
O 12 de febreiro terá lugar unha sesión con Ío Bru, para achegar ao alumnado unha visión práctica do mundo profesional da creación artística e resolver dúbidas.

📍 Aula de Plástica · IES O Ribeiro

🗓 12/02/2026  🕠11:40-12:30

 

talkBarlingüismo, Walk & Talk.

O Barlingüismo sae do bar e bótase a andar.
Esta vez cambiamos a barra por un paseo para falar, compartir e practicar idiomas mentres camiñamos xuntas e xuntos.


📍 Praza Maior, Ribadavia


🗓 Sábado 07.03.26
 🕚 11:00
  📏 Percorrido aproximado: 8 km (ida e volta)

 

Máis info omix.ribadavia@gmail.com

Comments