O Concello de Meis convoca unha praza temporal de auxiliar administrativo/a en Servizos Sociais mediante concurso-oposición
O Concello de Meis aprobou, mediante Resolución de Alcaldía 2026-0067 do 10 de febreiro de 2026, a convocatoria e as bases reguladoras para a contratación temporal dun/ha auxiliar administrativo/a no Departamento de Servizos Sociais.
Características da praza
-
Posto: Auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais.
-
Tipo de contrato: Temporal por circunstancias da produción.
-
Sistema de selección: Concurso-oposición libre.
-
Obxectivo: Reforzar o funcionamento do departamento municipal de Servizos Sociais.
Persoas destinatarias
-
Persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
-
O proceso desenvolverase conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.
Prazo de presentación de solicitudes
-
O prazo será de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Publicación das bases
-
As bases completas están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal:




Comments