Skip to main content
entidad cultural

Subvencións para asociacións culturais e deportivas no Concello de O Pino

É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento de programas, proxectos ou actividades de interese cultural e deportivo que realicen as entidades culturais e deportivas de O Pino durante o exercicio económico 2026 (entre o 1 de xaneiro e o 1 de decembro), que favorezan a participación cidadá e que teñan un carácter complementario respecto dos programas municipais.

Poderán ser beneficiarias as asociacións culturais e deportivas legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, e que presenten un proxecto, programa ou actividade que se axuste ao obxecto da subvención debidamente detallado.

A solicitude de subvención presentarase na sede electrónica do Concello do Pino (https://opino.sedelectronica.gal) no prazo DUN MES contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Coruña.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/18/2026_0000000867.html

Comments