Subvencións da empresa pública EMALCSA para o programa Deporte accesible e inclusivo
O obxecto desta convocatoria é apoiar economicamente ás entidades deportivas na execución de proxectos de Deporte Solidario e Inclusivo na cidade da Coruña que buscan promover a participación activa e o acceso ao deporte de todas as persoas, independentemente do seu xénero, orixe ou calquera outra condición, con especial atención ás persoas con discapacidade e en risco de exclusión social.
Son requisitos esixibles ás entidades beneficiarias, que deberán cumprirse á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o prazo de execución da actividade subvencionada.
O prazo para solicitar as subvencións comezará ao día seguinte da publicación do presente extracto das bases da convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña e permanecerá aberto durante un mes.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/19/2026_0000000897.html




Comments