XXXV Certame intercentros no Concello de Narón
O Certame lntercentros “Concello de Narón” ten como finalidade a celebración do Día das Letras Galegas, exaltando a nosa lingua, fomentando a súa normalización e dinamización, así como tamén amosando a nosa cultura e a nosa realidade. O seu obxectivo é aportar os medios axeitados para facilitar o traballo docente, así como financiar parte da elaboración dos materiais que favorezan as estratexias cooperativas dos centros educativos.
Poderán participar os Centros educativos públicos do Concello de Narón nos niveis de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos nas seguintes categorías e modalidades:
Todos os traballos das categorías narrativa, comic, poesía e teatro escrito serán entregados no lugar da exposición, o Pazo da Cultura, o día 28 de abril de 9 a 10 horas.
Os traballos das categorías teatro (só audiovisuais), reportaxe xornalística, audiovisuais e cartel anunciador entregaranse nos respectivos centros antes do día 7 de abril de 2026.
A modalidade de EXPRESIÓN ORAL terá lugar no Pazo da Cultura os días 8, 9 e 10 de abril de 9:30 a 13:30.
Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/26/2026_0000001072.html




Comments