Skip to main content
Curso Santander | USA Summer Experience – PENN

Curso Santander | USA Summer Experience – PENN

Santander Open Academy convoca o «Curso Santander | USA Summer Experience – UPENN» co obxectivo de ofrecer á mocidade a oportunidade de mellorar as súas capacidades en lingua inglesa para lograr os seus obxectivos profesionais.

Prazo de inscrición: Do 02/01/2025 ao 10/03/2025.

Data de celebración: 14 de xullo e o 01 de agosto de 2025.

O Programa ofrece un curso de verán de 3 semanas de duración, que impartirá a Universidade de Pensilvania integramente en inglés. O programa levará a cabo entre o 14 de xullo e o 01 de agosto de 2025 na Universidade de Pensilvania. Ademais de aprender inglés, os estudantes realizarán unha axenda cultural/social e terán a oportunidade de coñecer o país e a estudantes doutras nacionalidades e visitar Estados Unidos durante o seu tempo libre ou as fins de semana nas actividades programadas na axenda do programa.

O curso ofrece ao beneficiario a oportunidade de aprender sobre:

- Capacidades integradas: unha experiencia académica e cultural (curso básico: todos os niveis).
- Comunicacións e redes sociais (nivel preintermedio).
- Innovación e tecnoloxía (niveis intermedio e avanzado).
- Liderazgo e fomento do espírito de equipo (todos os niveis).
- Psicoloxía positiva e resiliencia (niveis intermedio e avanzado).
- Redacción profesional de negocios (nivel avanzado) • Planificación estratéxica e comunicación persuasiva (nivel avanzado) Sustentabilidade (niveis intermedio e avanzado).
- Conferencias.

 

Este Programa estará aberto a solicitantes non nativos de fala inglesa  maiores de 18 anos e menores de 30 anos no momento da súa solicitude para particpar no Programa, que teñan nacionalidade ou sexan residentes en Alemaña, Arxentina, Brasil, Colombia, Chile, España, Estados Unidos, México, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Uruguai.

Dotación:

- Voos de ida e volta. Estes sairán dun aeroporto principal do país do participante e chegarán ao aeroporto internacional de Filadelfia.
- Aloxamento en habitación nunha residencia universitaria durante toda a duración do curso.
- 20 horas lectivas semanais. Desde intermedio baixo ata avanzado.
- Seguro médico.
- Plan de comidas básico para o comedor universitario
- Certificado de asistencia ao finalizar o curso
- Actividades socioculturais
- Conferencias convidadas de profesores doutros departamentos de Penn.
- Carta de invitación da Universidade de Pennsylvania para a tramitación do visado se procede. É responsabilidade do participante realizar todos os trámites administrativos para a obtención do visado.

Máis información: USA Summer Experience 2025

Comments