Skip to main content
ofertas comercio

Subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames

Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións, destinadas a promover actividades das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de novembro de 2025 ao 31 de outubro de 2026.

Poderán optar a estas subvencións as asociacións de comerciantes e profesionais existentes no Concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados no momento de solicitar a subvención.

O prazo para presentar as solicitudes será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase prorrogado ata o inmediato hábil seguinte.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/05/2026_0000001248.html

Comments