Axudas de dinamización comercial no Concello de Ferrol
A Convocatoria ten por obxecto establecer as normas específicas, no marco da Ordenanza Xeral de Subvención deste Concello (BOP da Coruña nº 200, de 21/10/2019 e modificada no BOP núm. 191 de 03/10/24), polas que que se rexerá a convocatoria pública, en concorrencia competitiva, das axudas e subvencións dirixidas ao desenvolvemento de actuacións/programas de dinamización nos sectores do comercio, da hostalería, dos mercados municipais e do emprendemento para o ano 2026 realizadas dentro do termo municipal de Ferrol.
Poderán concorrer a esta convocatoria todas aquelas asociacións de comerciantes e/ou empresarios directamente relacionados cos sectores do comercio, da hostalería, dos mercados municipais e das agrupacións empresariais, sen ánimo de lucro, con ámbito de actuación no Concello de Ferrol e que cumpran os requisitos destas bases e as súas convocatorias.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP.
Para máis información, fai click aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/05/2026_0000001156.html




Comments