Expourense convoca profesorado para impartir cursos de formación para persoas desempregadas en Galicia
A Fundación Pública Galega de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) publicou unha oferta pública para a contratación de profesorado destinada a impartir accións formativas do Plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia dirixido a persoas traballadoras desempregadas.
Esta convocatoria corresponde aos exercicios 2026 e 2027.
Accións formativas
As persoas seleccionadas impartirán formación nas seguintes especialidades:
-
Actividades auxiliares de almacén – 288 horas.
-
Actividades auxiliares de comercio – 348 horas.
-
Actividades de venda – 668 horas.
-
Atención ao cliente, consumidor ou usuario – 478 horas.
-
Implantación e animación de espazos comerciais – 408 horas.
-
Actividades de xestión do pequeno comercio – 548 horas.
Bases da convocatoria
-
O texto completo das bases pode consultarse nas oficinas da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense), situadas na Finca Sevilla, s/n, 32005 Ourense.
Presentación de solicitudes
-
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no prazo de 3 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).
-
O horario de presentación será de 9:00 a 14:00 horas.
-
No caso de que o último día do prazo sexa festivo ou non lectivo, poderá presentarse a solicitude no seguinte día hábil.




Comments