Subvencións para a promoción de festas populares no Concello de Ames
Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións, destinadas a promoción das festas populares celebradas no Concello de Ames no exercicio 2026.
Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais ou veciñais existentes no Concello de Ames que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos.
O prazo para presentar as solicitudes será de 30 DIAS NATURAIS a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase prorrogado ata o inmediato hábil seguinte.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/11/2026_0000001407.html




Comments