Skip to main content
actividades deportivas

Subvencións a actividades deportivas no Concello de Ames

Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións destinadas a promover actividades desenvoltas durante o exercicio 2025 polas asociacións e clubs deportivos do Concello de Ames.

Poderán optar a estas subvencións as entidades ou clubs deportivos que realicen actividades de índole deportiva no Concello de Ames que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos da convocatoria.

O prazo para presentar as solicitudes será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/11/2026_0000001413.html

Comments