Skip to main content

Un auxiliar educador por quenda libre na Deputación Da Coruña

É obxecto das presentes bases a regulación específica da convocatoria para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira dunha (1) praza de auxiliar educador/a da Deputación Provincial de A Coruña (subgrupo C2, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, prazas cometidos especiais), incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2024 (Diario Oficial de Galicia, número 233, do 03 de decembro de 2024).

As persoas aspirantes deberán reunir no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira, os requisitos xerais e específicos que nas bases en detalle se indican.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, a contar desde a seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/16/2026_0000001492.html

Comments