Skip to main content

Allariz convoca unha praza de educador/a social e crea unha bolsa de emprego

O Concello de Allariz abriu un proceso selectivo para cubrir unha praza de educador/a social como persoal funcionario interino.

A convocatoria realizarase mediante sistema de concurso-oposición e permitirá tamén crear unha bolsa de emprego para atender necesidades circunstanciais do servizo.

A selección foi aprobada mediante Resolución da Alcaldía nº 2026-0103, do 11 de marzo de 2026.

As bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal:
https://allariz.sedelectronica.gal

Os sucesivos anuncios relacionados co proceso publicaranse tamén a través desta sede electrónica.

O prazo para presentar solicitudes é de dez días hábiles a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Comments