Skip to main content
deportes individuais

Becas para Deportistas Individuais no Concello de Ames

A presente convocatoria de bolsas ten por obxecto apoiar a práctica e ao rendemento deportivo, así como posibilitar a participación dos/as deportistas do Concello en eventos deportivos, facilitándolles o acceso a unha preparación integral idónea.

Poderán optar a estas subvencións os deportistas de entre 12 e 23 anos, veciños/as de Ames, federados/as en deportes de carácter individual, pertencentes a algunha das disciplinas olímpicas (ou non olímpicas, previa valoración da súa inclusión).

O prazo para presentar as solicitudes será dun MES (1 mes) a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. En caso de finalizar nun día inhábil, este prazo entenderase prorrogado ata o inmediato hábil seguinte.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/27/2026_0000001782.html

Comments