Skip to main content
sen ánimo de lucro

Axudas económicas a Entidades Culturais, Deportivas e Veciñais sen ánimo de lucro no Concello de Frades

O obxecto é a concesión polo Concello de Frades de axudas económicas municipais a entidades: culturais, deportivas, asociacións veciñais e calquera outra de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal durante o ano segundo a ordenanza xeral municipal reguladora de concesión de subvencións publicada no BOP.

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nestas bases todas as asociacións legalmente constituídas e con personalidade xurídica así como as agrupacións de persoas físicas e xurídicas sen personalidade xurídica constituídas para a consecución dos fins sinalados como subvencionables.

O prazo para a presentación de solicitudes é de trinta días naturais a contar desde o día seguinte á data de publicación das presentes bases na Base de datos Nacional de Subvencións e do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/31/2026_0000001869.html

Comments