Skip to main content
deportes

Subvencións de apoio a entidades deportivas sen ánimo de lucro no Concello Da Coruña

O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas económicas co fin de fomentar e apoiar a realización de actividade física e deportiva por parte das entidades deportivas sen ánimo de lucro do termo municipal da Coruña durante o exercicio 2026.

Poderán ser beneficiarias as entidades deportivas sen ánimo de lucro constituídas, de acordo coas súas disposicións específicas, por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que teñan por obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas, calquera que sexa o seu nivel e destinatario.

As solicitudes de subvención deberanse presentar no modelo oficial establecido específico para este procedemento (formulario web), que se achega a esta convocatoria a través da sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gob.es con destino ao Servizo Municipal de Deportes, no prazo de 10 DÍAS HÁBILES, a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia para as LIÑAS 1A, 1B e 2.

Só para a LIÑA 3 (fases de ascenso), o prazo de 10 días hábiles abranguerá do 18 de maio ao 29 de maio (ambos incluídos). Como fundamento específico da autonomía material da dita liña cómpre indicar que estas fases acontecen ao final do desenvolvemento das correspondente ligas regulares, as tempadas deportivas adoitan abarcar os períodos de setembro/outubro do ano actual a abril/maio do seguinte ano e lévase a cabo a fase de ascenso ou etapa final a partir do mes de maio correspondente.

Máis información, aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/06/2026_0000001958.html

Comments