Skip to main content
bono local

Bonos Amarribeira 2026 no Concello de Ribeira

O Concello de Ribeira, no marco das súas políticas para o fortalecemento do pequeno comercio, vai proceder á convocatoria de concesión de axudas económicas dirixidas a propiciar a dinamización do sector comercial local do Concello, estimulando a demanda e reducindo o impacto económico negativo derivado da contracción do consumo no comercio local.

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades financeiras privadas con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, validamente constituídas e cumprir as demáis condicións que aparecen nas bases en detalle.

O prazo de duración da colaboración estenderase dende o momento da sinatura do correspondente convenio ata o 30 de xuño de 2026.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/07/2026_0000002036.html

Comments