Skip to main content
igualdade

Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero da Deputación Da Coruña

En memoria da xornalista, escritora, activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño, e coa finalidade de recoñecer as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura, a Deputación da Coruña convoca a X edición do Premio “Begoña Caamaño” á acción cultural pola igualdade de xénero.

As condicións para poder inscribirse poden consultarse nas bases en detalle, no enlace inferior.

O prazo de presentación de candidaturas determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/15/2026_0000002307.html

Comments