Skip to main content
xénero

Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación Da Coruña

O obxecto do certame é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, así como a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero.

As condicións poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo de presentación de candidaturas determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste premio no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/15/2026_0000002308.html

Comments