Skip to main content

Dúas prazas de Peóns e outra máis de Operario Condutor no Concello de Cabanas

É obxecto da presente convocatoria a selección de persoal laboral temporal, baixo a modalidade contractual de “contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral”, establecida na Disposición Adicional Novena do Real Decreto Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, polo sistema de concurso- oposición, en quenda libre, para a execución de diferentes obras e servizos mínimos municipais, ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Cabanas pola Deputación Provincial da Coruña, publicada no BOP nº 38, de 26 de febreiro de 2026, consonte ás bases do Programa de Integración Laboral da Deputación Provincial da Coruña mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, PEL-Concellos-2026, publicadas no BOP nº 197, de data 15 de outubro de 2025, que se concreta na contratación laboral temporal, a xornada competa, por un período de seis meses, de dúas (2) prazas de peón/s e unha (1) praza de operario/a condutor/a, en base aos principios de publicidade da convocatoria, igualdade, mérito e capacidade.

As condicións de incrición poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/15/2026_0000002255.html

Comments