Bolsa de Emprego Educador Social no Concello de Cambre
É obxecto da presente convocatoria a elaboración polo sistema de oposición dunha relación de candidatos para a cobertura do posto de funcionario/a interino/a de educador/a social, encadrado na escala de Administración Especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, pertencentes ao subgrupo “A2”.
As condicións de inscrición poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria xunto coas súas bases no Boletín Oficial da provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/15/2026_0000002223.html




Comments