Skip to main content
Exposición Domus do Mitreo

Exposición Domus do Mitreo

Exposición Domus do Mitreo

O Museo Universitario Domus do Mitreo realiza un programa de actividades da exposición ‘Un achado excepcional: 25 anos da Domus do Mitreo’,  no Pazo de Montenegro.

A través de 12 paneis con fotografías, moitas delas inéditas procedentes do arquivo do arqueólogo-director C. Rodríguez Cao, mostrarase a súa evolución desde a escavación ata a musealización.
Deste xeito, poderá verse a complexidade da escavación e da restauración do seu material, a investigación e o museo actual.

A exposición permanecerá aberta no Pazo de Montenegro os meses de febreiro e marzo na sede do museo.
A partir desa data trasladarase a outros centros da Universidade de Santiago así como ao museo do castro de Vilandonga.

Conmemoración dos 25 anos
O programa para conmemorar os 25 anos do descubrimento da Domus do Mitreo sucederase ao longo de todo o ano e inclúe desde actividades didácticas para os centros de ensinanza, obradoiros en familia impartidos por docentes da USC, ciclos de conferencias que divulgarán as últimas investigacións sobre a domus ou un coloquio internacional que convocará o mellor persoal investigador sobre os mitreos domésticos.

Máis información:
www.usc.gal

Comments