Skip to main content
Manuel Orestes

Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López 2026

O Concello de Paradela ven de aprobar as Bases da XXXII Edición do Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López. 

Participantes.
Poderán concorrer anualmente ao Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.


Categorías e requisitos das obras.
Narrativa: Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo, mecanografadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.
Poesía: As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.
Modalidade Especial Camiño de Santiago: Nesta modalidade concorrerán de xeito conxunto tanto as obras de narrativa coma as de poesía.

Presentación das obras:
O prazo de entrega iniciase o día 1 de outubro de 2026 e rematará o 30 de novembro de 2026.

Máis información: BOP DE LUGO 18/05/2026

 

Comments