Santiago acollerá no mes de setembro un curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre
A Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco organizará en Santiago de Compostela unha nova edición do curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre, unha formación orientada á capacitación de profesionais do ámbito educativo, xuvenil e sociocultural.
O curso desenvolverase entre os meses de setembro e outubro de 2026 en modalidade semipresencial, combinando 100 horas presenciais e 50 horas de formación en liña. A parte online realizarase entre o 5 de setembro e o 25 de outubro e será xestionada individualmente por cada alumno/a.
As sesións presenciais celebraranse os días:
- Setembro: 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27
- Outubro: 24 e 25
O horario será de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
A formación estará dirixida por Xesús María Vilas Otero, licenciado en Comunicación e director de actividades de tempo libre.
O curso impartirase no Centro Xuvenil Don Bosco, situado na rúa Belvís nº 2, en Santiago de Compostela.
Información de contacto
Teléfono: 981 582 243




Comments