
Bolsas na Valedora do Pobo para persoas con discapacidade
As bolsas terán por obxecto contribuír á formación práctica no organismo Valedora do Pobo de persoas con discapacidade:
2 bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial.
Requisitos:
– Ser española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles Estados aos cales en virtude de tratados internacionais sexa aplicable a libre circulación de persoas.
– Ser persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial.
– Posuír un grao universitario ou equivalente.
– Ter un coñecemento do galego como idioma propio de Galicia cun nivel Celga 4 ou equivalente.
2 bolsas destinadas a persoas con discapacidade e Down.
Requisitos:
- Ser persoas con discapacidade e Down, o primeiro nun grao igual ou superior ao 33 %.
- Ser maior de 18 anos.
As persoas beneficiarias das bolsas disporán dunha asignación de 17.400 € brutos anuais, que se percibirán despois de rematado cada mes do prazo da súa duración, a razón de 1.450 € mensuais.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 26 de febreiro de 2025.
Máis información no DOG do 5 de febreiro de 2025 e en https://www.valedordopobo.gal
Comments