Skip to main content
material escolar

O Concello de Lugo convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material educativo no segundo ciclo de Educación Infantil para o curso 2026-2027

O Concello de Lugo abriu unha nova convocatoria de subvencións dirixidas a familias con escasos recursos económicos para facilitar a adquisición de libros de texto e material educativo destinado ao alumnado matriculado no segundo ciclo de Educación Infantil en centros sostidos con fondos públicos do municipio durante o curso 2026-2027.

A convocatoria conta cun orzamento inicial de 40.000 euros e prevé a concesión de axudas individuais de ata 100 euros mediante vales desconto para a compra de material escolar e educativo en librarías e establecementos do termo municipal de Lugo.

Poderán beneficiarse destas axudas as familias empadroadas no Concello de Lugo que teñan presentada a solicitude de reserva de praza ou admisión para o segundo ciclo de Educación Infantil nun centro sostido con fondos públicos do municipio e que cumpran os requisitos económicos establecidos na convocatoria.

Entre o material subvencionable inclúense libros de texto, fichas, estoxos, mochilas, botellas de auga e material de papelería, así como material educativo específico para alumnado con determinadas necesidades, cando exista xustificación do centro escolar.

As axudas serán adxudicadas priorizando as unidades familiares con menor renda per cápita ata o esgotamento do crédito dispoñible. 
 

BOP Lugo

Comments