Skip to main content
premios bac

Premios Extraordinarios de Bacharelato curso 2025/2026

A Consellería de Educación ven de convocar os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2025/26 (código de procedemento ED311A).

Esta convocatoria vai dirixida a alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2025/26 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:

•    Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos Premios Extraordinarios de Bacharelato.
•    Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do Premio Extraordinario de Bacharelato. 

Prazo de presentación de solicitudes:

1. Na primeira fase, matrícula na proba PEB, o prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta orde: do 2 ao 8 de xuño de 2026

2. Na segunda fase, solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato, o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes de cualificacións definitivas da proba PEB.

Máis información: DOG DO 01/06/2026
 

Comments