Skip to main content
Bolsas Fundación Universia

Bolsas Fundación Universia - Nestlé IN- Tech

Fundación Universia convoca 3 bolsas de 3.000 euros cada unha, na súa nova edición das Bolsas Fundación Universia - Nestlé IN- Tech de axudas ao estudo para estudantes universitarios con discapacidade en formacións STEM (ciencias, enxeñería, matemáticas, tecnoloxía e similares).

Poden inscribirse estudantes con discapacidade, residentes en España, matriculados para o curso académico 2024-2025 en formacións dixitais e tecnolóxicas.

Prazo de inscrición do 10 feb 25 ao 18 abril de 2025

Avaliación de solicitudes ata 25 abr 25.

Selección de candidatos o 25 abr 25.

Requisitos.

Poderán ser beneficiarios deste Programa as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% que sexan españolas ou residentes en España que, ademais, satisfagan os criterios de selección seguintes:

- Acreditar unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ser maior de idade.
- Ter nacionalidade española ou ser residente en España.
- Ser usuario na plataforma Santander Open Academy e atoparse inscrito na convocatoria correspondente do Programa.
- Dispoñer dunha acreditación de inglés nivel B1 (MCER) ou superior.
- Estar a estudar ou ser graduado en titulacións STEM (matemáticas, estatística, enxeñerías, IoT, informática ou similares).

Dotación. 3 bolsas de 3.000€ cada una.

As persoas participantes terán a posibilidade de incorporarse, ao longo deste ano, en prácticas ou emprego no Nestlé Global IT Hub e outros equipos dixitais internacionais que traballan no Campus de Nestlé en Esplugues de Llobregat (Barcelona).

Máis Información: Bolsas Universia_STEM

Comments