Skip to main content

O Concello de Baltar convoca dúas prazas de monitor/a para o campamento de verán

O Concello de Baltar publicou a convocatoria para a contratación laboral temporal de dúas persoas monitoras destinadas ao campamento de verán municipal.

Datos da convocatoria:

• Número de prazas: 2 monitores/as para campamento de verán.
• Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
• Xornada: parcial de 5 horas diarias.
• Duración do contrato: 2 meses.
• Sistema de selección: concurso-oposición.

Presentación de solicitudes:

As persoas interesadas poderán presentar as súas instancias no Rexistro do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos legalmente.

O prazo de presentación será de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).

Máis información:

As bases completas da convocatoria están dispoñibles no Concello de Baltar e na sede electrónica municipal: https://baltar.sedelectronica.gal.

Comments