Skip to main content

O Concello de Cortegada convoca dúas prazas de socorrista para a piscina municipal

O Concello de Cortegada publicou a convocatoria para a contratación temporal de dúas persoas socorristas destinadas ao servizo de vixilancia, rescate e salvamento na piscina pública municipal durante a tempada estival.

Datos da convocatoria:

• Número de prazas: 2 socorristas.
• Posto: servizo de vixilancia, rescate e salvamento na piscina pública municipal.
• Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
• Xornada: completa.
• Duración do contrato: 2 meses.
• Sistema de selección: concurso-oposición.

Presentación de solicitudes:

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello de Cortegada ou por calquera dos medios previstos na normativa vixente.

O prazo de presentación será de 5 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Máis información:

O texto íntegro das bases da convocatoria está dispoñible nas oficinas municipais e na sede electrónica do Concello.

Comments