Praza de Auxiliar administrativo no Concello de Lousame
É obxecto das presentes bases a regulación da convocatoria e proceso selectivo, a través do procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira, Auxiliar Administrativo, correspondente ao Grupo C, Subgrupo C2, Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Lousame do ano 2023 (BOP 243 do 22/12/2023), posteriormente modificada (BOP 179 do 19/09/2025), identificada na Relación de Postos de Traballo co código 4005.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases específicas no enlace inferior.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado; toda vez que se teñan publicadas as Bases reguladoras no Taboleiro Electrónico e Boletín Oficial da Provincia e anuncio de convocatoria no Taboleiro Electrónico, Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día fose inhábil, o prazo rematará ao seguinte día hábil seguinte.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/02/2026_0000003574.html




Comments