Skip to main content
bolsas uvigo

UVigo | Bolsas Prácticas Alén do Miño-Eures Transfronteirizo 2025/2026

A Universidade de Vigo convoca as bolsas Alén do Miño para a realización de prácticas académicas externas no marco do programa Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, curso 2025/26.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/06/2026

Requisitos:

  • Estar matriculado na Universidade de Vigo no curso 2025/2026 durante todo o período de duración da bolsa nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario da Universidade de Vigo.
  • No caso dos estudos de grao, deberá ter superados o 50% dos créditos ata o curso 2024/2025.
  • Contar coa carta de pre-aceptación da empresa/institución onde se realizan as prácticas nas que se inclúa o programa das prácticas que deberá estar vencellado coas competencias da titulación universitaria cursada.
  • Non ter relación contractual coa empresa/institución proposta para realizar as prácticas...

Remuneración / Custo:

A contía individual será de 950€/mes a cal estará suxeita ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza a normativa vixente nesta materia.

Páxina web:

secretaria.uvigo.gal

Contacto:

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo

Edificio Exeria. As Lagoas, Marcosende. 36310- Vigo (Pontevedra)

tel: 986 814 094  | 986 813 611 | 986 813 612

e-correo: bolsasformacion@uvigo.gal

Publicación: DOG 01/06/2026

BDNS (Identif.): 907602

 

 

Comments