Skip to main content

Nove prazas de administrativo no Concello de Arteixo

É obxecto da presente a aprobación da convocatoria e regulación das bases que rexerán no concurso para provisión con carácter definitivo de diversos postos de Administrativa/o vacantes en diferentes departamentos/servizos municipais. Debido a actual identidade retributiva en grupo, CD e CE de todos os postos de Administrativa/o (a excepción do CE de 2 postos adscritos a Servizos Sociais polo complemento de xornada partida), este procedemento de provisión de postos por concurso, constitúe un concurso de traslados/destinos interdepartamental, dentro da propia Administración Local convocante.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

A solicitude de participación, instancia, axustada ao modelo que figura como Anexo I desta convocatoria, presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Arteixo ou en calquera das outras formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, no prazo de quince días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, toda vez publicadas as presentes bases no BOP da Coruña, sede electrónica e no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e remitido anuncio ao DOG.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/03/2026_0000003578.html

Comments