Skip to main content

Catro prazas de socorristas no Concello de Pontedeume

A presente convocatoria ten por obxecto a contratación de catro traballadores/as (Grupo cotización seguridade social 8) para salvamento, socorrismo nas praias do municipio, como persoal laboral temporal, polo período de tempo de dous (2) meses.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As persoas que desexen participar no presente proceso deberán presentar a instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo, no modelo oficial ou normalizado que figura como anexo I destas bases, dirixidas á Alcaldía da Corporación, durante o prazo de 7 DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte hábil ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/03/2026_0000003612.html

Comments