Skip to main content

Seis prazas de Peóns no Concello Das Pontes de García Rodríguez

O obxecto da convocatoria é a selección de persoal para a provisión, en réxime laboral temporal, de seis (6) postos de traballo coa categoría profesional de peón/peoa para dar cumprimento ás condicións esixidas na subvención da Deputación Provincial da Coruña concedida ao concello mediante Resolución núm. 2026/7246, do 23 de febreiro, da Presidencia da Deputación Provincial da Coruña (BOP núm. 38, do 26/02/2026), relativa á concesión de subvencións á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2026 (PEL-Concellos 2026).

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes, ás que se achegará a documentación xustificativa dos méritos que se valorarán no proceso selectivo, así como a titulación correspondente á lingua galega, de ser o caso, e nas que se declarará o cumprimento das condicións establecidas na convocatoria, dirixiranse ao Rexistro Xeral do concello no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación das da convocatoria e das bases no BOP. A convocatoria e as bases publicaranse tamén no taboleiro de anuncios do concello (taboleiro electrónico:https://sede.aspontes.org/opencms/es/informacion/), sen prexuízo da súa publicación na páxina web municipal.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/04/2026_0000003620.html

Comments