A Bola abre o proceso de selección para unha brigada de prevención e defensa contra incendios
O Concello da Bola aprobou as bases e a convocatoria para a selección e posterior contratación de cinco persoas traballadoras destinadas a formar unha brigada de prevención e defensa contra incendios.
Postos convocados
- 1 xefe/a de brigada.
- 1 peón/oa-condutor/a de brigada.
- 3 peóns/peoas de brigada.
Características da contratación
- Tipo de persoal: Laboral temporal.
- Duración do contrato: 3 meses.
Presentación de solicitudes
- O prazo de presentación será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
- As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.
Máis información
- As bases da convocatoria poden consultarse no Concello da Bola durante o horario de oficina ou na páxina web municipal.




Comments