Toén selecciona persoal para unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais
O Concello de Toén abriu o proceso selectivo para a contratación temporal de cinco persoas destinadas á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais correspondente ao ano 2026.
Postos convocados
- 1 xefe/a de brigada.
- 4 peóns/peoas de brigada.
Características da contratación
- Tipo de persoal: Laboral temporal.
- Modalidade de contratación: Contrato laboral temporal segundo a disposición adicional quinta do Real Decreto Lei 32/2021.
- Xornada: Completa.
- Duración do contrato: 3 meses.
Sistema de selección
- Concurso de méritos.
Presentación de solicitudes
- O prazo de presentación será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
- As solicitudes poderán presentarse a través do rexistro electrónico do Concello de Toén, na oficina de asistencia en materia de rexistros ou por calquera dos medios previstos na normativa vixente.
Máis información
- As bases da convocatoria están dispoñibles nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica do Concello de Toén.




Comments